Para obter as últimas actualizacións deste arquivo Léame, consulte www.openoffice.org/welcome/readme.html
Prezado usuario
Este ficheiro contén información importante sobre este programa. Léaa con atención antes de iniciar o seu traballo.
A Comunidade OpenOffice.org, responsable do desenvolvemento deste produto, desexa convidalo a facer parte dela. Como novo usuario, pode visitar a páxina OpenOffice.org que contén información de usuario útiles en
www.openoffice.org/about_us/introduction.html
Lea tamén as seccións abaixo indicadas sobre como familiarizarse co proxecto OpenOffice.org.
Requirimentos do sistema
O controlador da placa gráfica pode causar problemas ao iniciar OpenOffice.org (por exemplo, o bloqueo da aplicación) así como na pantalla. Se xurdise algún destes problemas, actualice o seu controlador de placa gráfica ou probe a usar o controlador que lle foi fornecido co seu sistema operativo. Os problemas relacionados cunha deficiente visualización dos gráficos 3D pódense resolver moitas veces desactivando a opción “Usar OpenGL” en 'Ferramentas – Opcións – Ver – Visualización 3D' .
Pode instalar OpenOffice.org 2.0 sobre unha versión anterior do OpenOffice.org. Se posteriormente decide desinstalar a versión máis antiga, chame o programa de instalación da máis recente e escolla 'Reparar'. Iso garantirá que a nova versión fique correctamente instalada no sistema.
Lembre que o recurso de copiar e pegar a través do portapapeis entre OpenOffice.org 1.x e OpenOffice.org 2.0 pode non funcionar no formato OpenOffice.org. Se así acontecese, escolla 'Editar - Pegado especial' e seleccione un formato diferente de OpenOffice.org ou abra o documento directamente en OpenOffice.org 2.0.
Asegúrese de que ten suficiente memoria libre no directorio temporal do seu sistema e que posúe dereitos de lectura, gravación e execución. Peche todos os outros programas antes de iniciar a instalación.
Se ten problemas ao iniciar OpenOffice.org (especialmente usando o Gnome), desconfigure a variable de contorno SESSION_MANAGER da shell usada para iniciar o OpenOffice.org. Pode facer isto engadindo a liña "unset SESSION_MANAGER" ao inicio do script da shell de StartOffice que se encontra no directorio "[cartafol Office]/program".
En OpenOffice.org pode alterar o tipo de letra utilizado tanto na pantalla como na impresión substituíndoa por outro tipo de letra instalado no seu sistema. Para iso, use a función de substitución de tipos de letra. Para acceder á taboa de substitución de tipos de letra, escolla 'Ferramentas - Opcións - OpenOffice.org - Tipos de letra.
Para mudar o tipo de letra da interface do usuario de OpenOffice.org, substitúa o tipo de letra predefinido "Andale Sans UI" por outro e marque "sempre" nesa substitución.
Consulte a Axuda de OpenOffice.org para unha explicación detallada deste diálogo.
As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en OpenOffice.org son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en OpenOffice.org conforme se describe na Axuda, verifique se o sistema operativo xa emprega ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique case todas as atribucións de teclas de OpenOffice.org. Para obter máis información, consulte a Axuda de OpenOffice.org ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.
O bloqueo de arquivos está activado por defecto en OpenOffice.org. Para o desactivar, ten que configurar correctamente as variables de contorno SAL_ENABLE_FILE_LOCKING=0 e exportar SAL_ENABLE_FILE_LOCKING. Estas entradas xa están deshabilitadas no arquivo do script de StartOffice.
Aviso: O recurso de bloqueo de arquivos pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o contorno do seu sistema ten estes parámetros, recomendámoslle que evite o emprego do bloqueo de arquivos. De non o facer, OpenOffice.org ficará trabado sempre que tente abrir un arquivo dun directorio montado por medio de NFS nun computador con Linux.
Partes con Copyright 1998, 1999 James Clark. Partes con Copyright 1996, 1998 Netscape Communications Corporation.
A Comunidade OpenOffice.org sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.
Como usuario, vostede xa é unha parte valiosa do proceso de desenvolvemento do conxunto mais gustaríanos incentivalo a desempeñar un papel aínda máis activo como colaborador habitual da Comunidade. Asóciese e visite a páxina de usuario en: www.openoffice.org
Cando instale o software, non deixe de completar o proceso mínimo de rexistro do produto. Aínda que o rexistro é opcional, animámolo a facelo, pois esa información permite á Comunidade desenvolver un software aínda mellor e atender directamente as necesidades do usuario. Coa política de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para salvagardar os seus datos persoais. Se non realizou o rexistro durante a instalación, poderá facelo en calquera momento en http://www.openoffice.org/welcome/registration20.html
Hai tamén unha enquisa en liña para o usuario que lle pedimos que cubra. Os resultados axudarán a OpenOffice.org a establecer máis rapidamente novos estándares para a creación do paquete ofimático de próxima xeración. A través da súa politica de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para salvagardar os seus datos persoais.
O sitio web de OpenOffice.org aloxa o IssueZilla, o noso mecanismo de xeración de informes, rastrexo e solución de bugs e problemas. Incentivamos os usuarios a que se sintan libres para redactaren informes acerca dos problemas que poidan xurdir na súa plataforma. O informe activo de problemas é unha das maiores contribucións que a comunidade de usuarios pode ofrecer para o desenvolvemento e mellora do conxunto dos programas.
Velaquí algunhas das listas de mensaxes do proxecto a que se pode subscribir www.openoffice.org/mail_list.html ou http://ooo.paradigma.co.pt/
Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo sen ter moita experiencia con códigos ou deseño de software. Si, vostede mesmo!
Enhttp://projects.openoffice.org/index.htmlencontrará proxectos que varian desde a localización, porting e groupware até alguns proxectos reais de codificación central. No caso de non ser programador, probe co proxecto de documentación ou co de marketing. O proxecto de marketing de OpenOffice.org está a aplicar técnicas comerciais arriscadas e tradicionais para comercializar o software de código aberto, rompendo barreiras culturais e de idioma. Por iso, pode axudarnos simplemente recomendando a un amigo este paquete ofimático.
Pode axudar asociándose á Marketing Communications & Information Network en:http://marketing.openoffice.org/contacts.htmlonde pode fornecer un punto de comunicación e contacto cos xornais, medios de comunicación, axencias gobernamentais, consultores, escolas, grupos de usuarios de Linux e programadores, tanto no seu país como na súa comunidade local.
Para obter axuda co paquete ofimático OpenOffice.org 2.0, procure nos arquivos as preguntas xa respondidas da lista de mensaxes 'users@openoffice.org' en www.openoffice.org/mail_list.html. Se o prefire, tamén pode enviar as súas dúbidas a users@openoffice.org. Lembre que debe inscribirse na lista para recibir unha resposta por correo electrónico.
Alén diso, consulte a sección de preguntas máis frecuentes (FAQ) enhttp://user-faq.openoffice.org/.
A mellor maneira de comezar a contribuír é inscribirse en unha ou máis listas de mensaxes, observar por un tempo e usar gradualmente os arquivos de mensaxe para se familiarizar con algúns dos temas tratados, xa que o código fonte de OpenOffice.org foi liberado en outubro de 2000. Cando se sinta máis cómodo, o único que ten que facer é enviar un correo electrónico de presentación e comezar a participar. Se está familiarizado cos proxectos relacionados co código fonte, examine a nosa lista To-Dos e vexa se hai algo no cal lle gustaría axudar enhttp://development.openoffice.org/todo.html.
Esperamos que aprecie traballar co novo OpenOffice.org 2.0 e que se xunte a nós en liña.
A Comunidade OpenOffice.org